MEDIDAS EXTRAORDINARIAS. PAUTAS ORGANIZATIVAS PARA ESCOLARES E FAMILIAS ANTE O COVID-19
PAUTAS ORGANIZATIVAS PARA
ESCOLARES E FAMILIAS ANTE O COVID-19
Estimados/as
alumnos/as e respectivas familias:
Dende o Departamento de
Orientación queremos facilitarvos unas pautas sinxelas a seguir dende as vosas
casas para facer máis levadeiros estes días que debemos permanecer dentro das
nosas casas. Non debemos esquecer que esta situación non debe ser considerada
un período vacacional xa que debemos seguir
cas nosas actividades aínda que dun xeito diferente.
ü
É
favorable manter as rutinas relativas aos nosos horarios e seguir os consellos
e guías facilitadas polos/as nosos/as Mestres/as.
ü
As
horas da mañá recomendamos que estén
dirixidas ao estudo ou tarefas escolares que requiran concentración xa que é
cando os/as nenos/as nesta franxa horaria están máis receptivos, se son
traballos prácticos poden facerse 30 min. aprox. despois do xantar.
ü
Durante
a semana levantarse e cumplir co horario escolar realizando as tarefas
propostas polo profesorado.
ü
Debemos
vestirnos e asearnos como se fósemos á escola porque deste xeito nos
mentalizamos que toca cumplir un horario e nos activa máis que pasar o día
completo co pixama posto que esa prenda a empregamos para descansar e
estaríamos máis cansos e perezosos.
ü
É
importante que o alumnado non perda o hábito de estudo, traballo e lectura
nestes días.
ü
Actuar
na casa ca maior naturalidade posible.
ü
Debemos
evitar situacións de preocupación, ansiedade e medo (ver as noticias unha vez
ao día suficiente para estar informados). Facer caso a todas as recomendacións
xa que deste xeito a situación normalizarase antes e ser conscientes que debemos
dar exemplo aos pequenos/as cos nosos actos.
ü
Deporte
na casa (Imaxinando que internet funciona ben nas vosas casas tendes á vosa
disposición moitos enlaces gratuitos de entrenamentos e rutinas diarias e sinxelas
para manter o corpo activo xa que esto axuda a manter a mente ocupada e que nos
sintamos mellor)
ü
Non
exceder o uso de videoxogos, pódese poñer un horario e tentar que a maior parte
teñan contido educativo.
ü
Tamén
é bo momento para pasar tempo xuntos, coñecernos aínda máis, xogar (xogos de
mesa, de memoria, adiviñas…), manualidades,….
ü
Escoitar
música (Cancións variadas, de diferentes estilos,…), cantar( podedes xogar ao
Karaoke na casa,…), se tendes instrumentos...a tocar!!!.
ü
Lectura
individual e en familia a modo de contacontos, podedes contarvos historias
reais, inventadas (de este xeito faríamos traballar a imaxinación tanto nosa
como a dos máis pequenos e a creatividade!!!).
ü
Debuxar,
pintar e calquera manifestación artística con materiais que teñamos pola casa,
incluso unha vez rematadas, podemos colocalas no salón a modo de museo caseiro!
(Tamén podedes sacarlle fotografías,…)
ü
Tamén
a cociña é momento para poder gozar da elaboración dos pratos cos máis pequenos,
temos tempo, tranquilidade e ingredientes non van a faltar!!! (cociña saúdable,
receitas divertidas, repostería, colocar a mesa de xeito creativo,…).
ü
Despois
de traballar, estudar e todo tamén podemos darnos un premio en familia, por
exemplo o fin de semana visita virtual en familia e DENDE A CASA a MUSEOS!!! (Temos a disposición museos e
visitas virtuais: Salón do libro de Pontevedra, Museo Arqueolóxico de Atenas, Louvre
de Paris, Prado de Madrid, Metropolitano Nueva York,…)
ü
A
partir do luns 23 estará a disposición unha canle de televisión RTVE con
contido educativo para escolares entre 6 e 16 anos “Aprendemos en casa”.
Recomendamos polo menos 30 minutos
diarios de lectura e 30 de escritura para reforzar o proceso de lectoescritura,
habilidades básicas e importantes para o correcto desenvolvemento académico.
Desexando que esta situación se
normalice o antes posible e entre todos así será!
AGRADECER A TODAS AS FAMILIAS O SEU
ESFORZO E COLABORACIÓN.
Para calquera
dúbida, consulta, axuda ou o que precisedes estamos á vosa disposición
carmenfernandezvidal@edu.xunta.gal
, cep.brea.segade@edu.xunta.gal , ceip.anamaria.dieguez@edu.xunta.gal
Un cordial saúdo e moito ánimo!!!
DEPARTAMENTO
DE ORIENTACIÓN
Mª del Carmen Fernández
Vidal
Comentarios
Publicar un comentario