LIBROS





   Aquí podedes atopar  algúns libros recomendados que podedes acceder dende os enlaces facilitados. O reparto por niveis é orientativo, según o estado madurativo podedes escoller tamén os anteriores ou os seguintes.






Dende o noso Departamento animamos a unha lectura compartida na casa polos seguintes motivos:



  •  Posee beneficios a nivel afectivo: aumentando a autoestima  e axudando a desenvolver a personalidade, imaxinación e creatividade. Aumenta tamén o interese e a curiosidade por aprender. Aumentan os lazos afectivos e a complicidade. Aumenta a capacidade de escoita.
  • Beneficios a nivel lingüístico: Mellora a capacidade expresiva ampliando o vocabulario e desenvolve a comprensión lectora.
  • Beneficios a nivel cognitivo: Estimula o desenvolvemento dos procesos cognitivos, a concentración e a capacidade de aprendizaxe. Facilita a creación de esquemas e fomenta o razonamento e curiosidade. Estimula atención, memoria e concentración.

RECOMENDACIÓNS:

ANTES DA LECTURA : 

  • É importante que o neno ou a nena escollan a lectura (previamente podemos ler xuntos os títulos). 
  • Buscaremos dentro da casa un lugar tranquilo, sen distraccións e tentando que sexa e se sinta protagonista o neno ou a nena ( cantos máis atendamos como público a esa lectura máis importancia lle dará)
  • Ao remate da lectura recompensaremos con eloxios e aplausos o esforzo realizado.

AO REMATE:

  • Podemos pedirlle que nos falen sobre o que acaban de ler, que lles pareceu,...


ENLACE A LECTURAS PARA EDUCAR NA DIVERSIDADE:


EDUCACIÓN INFANTIL

 (2º Ciclo e 1º curso Ed.Primaria)


En familia : Este libro mostra un día calquera na vida das familias que se enfrentan ao reto de educar e aprender. Percorrido polos dereitos fundamentais da infancia. (Lingua Castelá)





Pájaro amarillo : Conto sobre o valor de compartir, invita a coidar o planeta no que vivimos e a liberar ideas polo ben común. (Lingua Castelá)







Leotolda: Aventura fantástica que toma como base a amistade, as experiencias que nos axudan a medrar e que deixa o seu final ao poder da creatividade. (Lingua Castelá)





Un conto moi teacch! VEXO VEXO Froitas e Cores!: Conto en Galego adaptado con pictogramas de ARASAAC, especialmente adecuado para nenos e nenas con necesidades educativas especiais. Temática concreta froitas e cores.


EDUCACIÓN PRIMARIA


Cuentos para Coeducar en familia: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos.
(Lingua Castelá)







La hora del Cuco : Ferramenta lúdica e afectiva para fomentar o diálogo en familia sobre o proceso de duelo pola perda dun ser querido. Axuda a expresar emocións e facilita a  comprensión.Dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos.
(Lingua Castelá)











Comentarios

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS.PAUTAS ORGANIZATIVAS PARA ESCOLARES E FAMILIAS ANTE O COVID-19

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS. PAUTAS ORGANIZATIVAS PARA ESCOLARES E FAMILIAS ANTE O COVID-19

3 de decembro: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

BECAS MEC DESTINADAS AO ALUMNADO CON NEAE NO CURSO ACADÉMICO 2020-2021

Recomendacións para...SAÍR DA CASA BEN e VOLTAR MELLOR!!!