VÍDEOS EDUCATIVOS




A continuación facilitamos un recopilatorio de enlaces a vídeos educativos curtos  e interesantes con recomendacións orientativas por niveis que se poden empregar tanto na aula como na casa para traballar, reflexionar e concienciar sobre diversos aspectos de educación emocional e social, valores, autocontrol, motivación, empatía,...

Esta actividade convida á reflexión e é facilitadora para a educación emocional e en valores dos nenos e nenas axudando a desenvolver a súa conciencia moral e distinguir as boas actitudes fronte ás malas. 




  • Suxerimos antes da súa visualización, investigar sobre a mensaxe que transmite para falar co alumnado ou co/a neno/a vendo así cal é a súa postura, idea sobre o tema e dende onde partimos.
  • Ao remate do video, é importante a súa reflexión sobre a mensaxe transmitida mediante preguntas como...Que aconteceu?De que trata? Que fixeron?Como pensas que se sentiron? Cómo te sentirías ti?Ti que hubeses feito?Ti que farías?,...
  • Posibles preguntas para reflexionar: Que esperas ou esperades ver coñecendo o título? Sobre que imos a reflexionar ou a pensar? Consideras ou considerades importante/s estos valores?Como podemos mellorar estos valores en nos mesmos? Que son os valores? Que virtudes para ti ou para vos son máis importantes nunha persoa? Que lle podemos dicir a unha persoa que non está actuando como debería? As cousas teñen valor porque as desexamos ou as desexamos porque teñen valor?

Ligazón a un recopilatorio: EDUCANDO NA DIVERSIDADE:

https://drive.google.com/file/d/12RU8pC1ea2ckmGOh6GeElnABNeW_6Xl5/view?usp=sharing

Ligazón a un recopilatorio de curtrametraxes: "LA CARTELERA INCLUSIVA"

https://drive.google.com/file/d/1m11XpFhaDcP-uuIZvEmJl8tPqFnkWWbI/view?usp=sharing


DESTINADOS A EDUCACIÓN INFANTIL 

(2º Ciclo)

Educación en valores:"La oveja esquilada" Duración:4:31

Educación emocional: "La reina de los colores" Duración 4:34

Autocontrol( xestionar as rabietas): "Vaya rabieta" Duración: 4:48  
https://youtu.be/UK0gJuo8XDI

Empatía: "Pixar La aves" Duración: 3:36 

Resolución de conflitos: "Bridge" Duración 2:45

O valor de compartir: "El pollito y la lombriz" Duración 2:06

Sensibilización contra o Bullying: " Piedra, papel o tijera" Duración 0:59
Obxectivos: Desenvolvemento da intelixencia emocional, reflexionar e comprender as consecuencias do bullying, entender a diversidade como algo positivo e enriquecedor.
Breve resumo: os protagonistas son acosados por diferentes abusóns do cole, cansados de tal situación deciden xuntarse para enfrentarse los seus agresores e así poden ca violencia.



DESTINADOS A EDUCACIÓN PRIMARIA

PRIMEIRO E SEGUNDO CURSO

Nunca te rindas: "Soar" Duración 6:03
Obxectivos: Amosar a importancia de seguir aprendendo, motiva a alcanzar os obxectivos con perseverancia e paciencia e dar a coñecer os valores de solidariedade

Inclusión e respeto : "Cuerdas" Duración 10:52
Obxectivos: Coñecer a situación de outras persoas sen xuzgar e comprender a importancia da inclusión social.

Empatía e diversidade: "El cazo de Lorenzo" Duración 5:17
Obxectivos: Promover a empatía e traballar o manexo das dificultades.
Dentro dun mundo no que nadie é igual a nadie é preciso valorar as dificultades e diferencias dos demáis.

Identificación emocional: ¿Para qué sirven las emociones? Fundación PAS. Duración 3:15

Solidariedade: "A Joy Story: Joy and Heron" Duración 4:15

Respeto polas diferenzas (Curtrametraxe sobre o Bullying): "Historia de un erizo" Duración 1:27
Obxectivos :Traballar as diferencias e o enriquecemento das mesmas potenciando a tolerancia e o respeto.

TERCEIRO E CUARTO CURSO

Autocontrol: "A Cloudy Lesson" Duración 1:59

Relacións afectivas e autocontrol: "Course of Nature" Duración 3:14

Reflexión sobre os dispositivos electrónicos: "Hi Score" Duración 2:00

Aceptación e diversidade: "Take Me Home" Duración 4:09

Empatía: "Presto" Duración 4:35

Solidariedade e empatía: "El náufrago" Duración 4:33
https://youtu.be/GQRw4sSnwr0

Autismo, TEA: "Mi hermanito de la Luna" Duración 5:52
Obxectivo: Concienciar a os menos/as sobre o autismo.
Aprenderemos dende a visión dun neno o que é o autismo.
https://youtu.be/DhcYsJm-Dic

QUINTO E SEXTO CURSO

Autoaceptación: "El mejor amigo del hombre" Duración 2:51

Diversidad: "Tamara" Duración 4:37

 Cambio de etapa:"Lili" Duración 10:19

Motivación: "Destiny" Duración 5:26

Apego: "Alike" Duración 8:01
Obxectivos: Fomentar o desenvolvemento da creatividade e favorecer unha boa saúde mental.
Ainda que a veces todo parezca gris, con algo de cor e creatividade todo pode cambiar e mellorar.

Respeto: "Debajo del árbol" Duración 7:54

Prevención acoso escolar:Nadie sabe con certeza el impacto que puede causar en la vida de los demás

Evitar acoso escolar:Reflexionamos "Activa tu poder"Duración 0:55


Comentarios

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS.PAUTAS ORGANIZATIVAS PARA ESCOLARES E FAMILIAS ANTE O COVID-19

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS. PAUTAS ORGANIZATIVAS PARA ESCOLARES E FAMILIAS ANTE O COVID-19

BECAS MEC DESTINADAS AO ALUMNADO CON NEAE NO CURSO ACADÉMICO 2020-2021

3 de decembro: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Recomendacións para...SAÍR DA CASA BEN e VOLTAR MELLOR!!!